Alienación - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Alienación
O termo "alienación" (sinónimo de alleamento) procede do latín "alienus", (etimoloxicamente, alleo, que pertence a outro). O termo aplicouse orixinalmente as transaccións económicas, nas que tiña o significado de vender ou regalar algo a outra persoa.

En filosofía, o termo empregárono Hegel e os seus seguidores co significado de "desterro", "distanciamento", para indicar o afastamento do suxeito respecto a si mesmo na dialéctica da obxectivación.

Feuerbach utilizouno na súa obra "A esencia do cristianismo" para explicar o fenómeno relixioso como algo que supón para o ser humano a perda de si mesmo, a renuncia á súa propia natureza en favor da dun ser alleo (Deus).

Para Marx a alienación supón a perda de si mesmo e a conversión en obxecto (cousificación), en mercadoría, e dáse fundamentalmente no traballo, xa que o traballo asalariado, na sociedade capitalista, é externo ao traballador, é dicir, non pertence a seu ser. "No seu traballo, -- di Marx --, o traballador non se afirma, senón que se nega; non se sente feliz, senón desgraciado; non desenvolve unha libre enerxía física e espiritual, senón que mortifica o seu corpo, arruina o seu espírito. Por iso o traballador só se sente en si fóra do traballo, e no traballo, fóra de si". Ademais da alienación do traballo, Marx refírese tamén co termo a conseguinte alienación social, política, relixiosa e filosófica.